As Escolas - Escolas de música Allegro.T | Teo, Ames e Santiago | Tilos, Milladoiro e Santiago

Escolas de Estudos Musicais Allegro.T
Dende 1996
Title
Vaya al Contenido
As escolas de música Allegro.T
CENTRO COMERCIAL OS TILOS (Teo)
Estamos no Centro Comercial da Urbanización Os Tilos, Locais 54-55, Teo, a 5 minutos de Santiago de Compostela.

Dispoñemos dun amplo aparcadoiro gratuito e de tres cafeterías para que as esperas se fagan máis amenas.
Tamén contamos cun Supermercado onde poden realizar as súas compras.

O Acceso dende Santiago centro está cuberto polos autobuses urbanos que cada 20 minutos pasan pola Urbanización.

CENTRO URBANO O MILLADOIRO (Ames)
O Centro de Estudos Musicais de O Milladoiro, inaugurado en 2011, está situado a 5 km de Santiago de Compostela, e engloba un novo concepto de ensinanza musical, dirixida a alumn@s a partir do sexto mes de embarazo e sen límite de idade.

Estamos en pleno centro urbano, moi preto da Biblioteca Municipal.

A nosa metodoloxía baséase na experiencia en ensinanza musical adquirida ao longo dos anos, impartida nos Tilos dende 1996.

SANTIAGO DE COMPOSTELA (Praza Roxa)

No curso 2018-19 abrimos as portas dunha nova escola, ampla e moderna, en pleno centro de Santiago, moi preto da Praza Roxa (Casas de Ramírez) na rúa Rodríguez Carracido, 11.

É unha zona semi-peonil segura e de fácil acceso. Estamos a un paso do parque infantil, gardería, parking, e demáis establecementos do ensanche compostelán.

Regreso al contenido