De 0 a 3 anos - Escolas de música Allegro.T | Teo, Ames e Santiago | Tilos, Milladoiro e Santiago

Escolas de Estudos Musicais Allegro.T
Dende 1996
Title
Vaya al Contenido
Programa de estimulación temperá musical
de 0 a 3 anos

Estudos científicos demostran que a actividade musical en idades temperás fomenta a musicalidade, a través do canto, a capacidade lingüística, moi importante para futuros procesos de aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e social do individuo.

As clases son dunha hora semanal, onde os cativos deben están acompañados por un adulto, xa que o proxecto de estimulación no só pretende facer música, senón que tamén fomentar a unión familiar para que tanto pais como nenos teñan un espazo para compartir vivencias xuntos, xerando un vínculo familiar máis reforzado.

As sesións teñen unha estructura que permite que os nenos se centren, polo que hai momentos "rituais" que lles permitirá saber en que momento da sesión nos atopamos. Contamos ademáis cun momento de "desexos" e "feedback" que permite aos acompañantes compartir cos demais pais e a profesora, vivenzas, suxerencias, achegar materiais á aula, etc.
Regreso al contenido