De 4 a 7 anos - Escolas de música Allegro.T | Teo, Ames e Santiago | Tilos, Milladoiro e Santiago

Escolas de Estudos Musicais Allegro.T
Dende 1996
Title
Vaya al Contenido
Formación básica musical e adestramento auditivo
de 4 a 7 anos

Formación Básica Musical e Adestramento Auditivo, é un programa de sensibilización musical onde se desenvolverán certas capacidades, fundamentais para o desenvolvemento integral do neno, que ademais lle servirán nun futuro de cara a un ensino musical máis específico.
Esta materia vai dirixida a nenos de entre 4 e 7 anos de idade. Esta formación non se debe entender como unha mera base para a linguaxe musical; a súa visión é moito máis ampla, xa que se pretenden desenvolver todas as capacidades expresivas, musicais, intelectuais e  motrices, que os nenos aprenden e interiorizan de forma natural, para así mellorar aptitudes musicais que favorecerán a superación das dificultades da aprendizaxe do futuro músico.
O neno debe descubrir o son, cubrilo, exploralo, manipulalo, coñecelo e mesmo crealo. Sentir a música no seu corpo, expresarse a través dela e facer que sexa unha parte integrante de si mesmo. Sentir, expresar e crear serán as palabras clave nesta materia e para iso todos os recursos son válidos. O método será o máis lúdico posible porque o xogo a estas idades é unha parte integrante de si mesmos que transcende a todos os niveis da súa vida.

Obxectivo:

Coa Música como ferramenta de traballo educamos o sentido do ritmo, adestramos o oído musical (o máis importante nesta etapa) e mediante exercicios de psicomotrici-dade desenvolvemos a capacidade de expresión e comunicación.

Metodoloxía:

Na Escola de Estudos Musicais Allegro.T trabállase experimentando sempre dende a música ata os conceptos, con técnicas de imitación, creación e improvisación para  interiorizar o ritmo, a melodía, o acompañamento, o movemento, a atención, a escoita, a expresión, a creatividade, etc.

Regreso al contenido