As escolas de música Allegro.T

Teo

Centro comercial Os Tilos

Estamos no centro comercial da urbanización Os Tilos, local 54-55, a 5 minutos de Santiago de Compostela.

Contamos cun amplo aparcadoiro gratuíto e tres cafeterías para facer a espera máis agradable. Ademais, temos un supermercado onde podes facer as túas compras.

Para chegar desde Santiago pódese utilizar os autobuses urbanos que pasan cada 20 minutos pola urbanización.

Ames

Centro urbano O Milladoiro

O Centro de Estudos Musicais de O Milladoiro, inaugurado en 2011, está situado a 5 km de Santiago de Compostela e engloba un novo concepto de educación musical, dirixido ao alumnado a partir do sexto mes de embarazo e sen límite de idade.

Estamos no centro da cidade, moi preto da biblioteca municipal.

A nosa metodoloxía baséase na experiencia no ensino musical adquirida ao longo dos anos e impartida en Os Tilos dende 1996.

Santiago de Compostela

Praza Roxa

No curso 2018-2019 abrimos as portas dunha nova, ampla e moderna escola, no número 11 da rúa Rodríguez Carracido, en pleno centro de Santiago e moi preto da Praza Roxa.

É unha zona semipeonil segura e de fácil acceso. Estamos a un paso do parque, escola infantil, aparcadoiro e outros establecementos do ensanche compostelán.