As escolas de arte Allegro.T

Escola de Escrita

Escola de Danza e Teatro

Escola de Artes Plásticas

Escola de Escrita

(Os Tilos)

Escola de Escrita - Allegro.T

Club de lectura

Espazo no que gozaremos do pracer da lectura compartida, ademais de intercambiar impresións sobre un texto ou obra literaria. Se unicamente che apetece participar como oínte, este tamén é o teu recuncho lector.

Periodicidade

Unha sesión mensual (mércores ás 20:30 h).

Duración

1 hora.

Idade

De 16 anos en diante.

Curso de escrita creativa

Unha actividade para ampliar horizontes potenciando a túa creatividade, aprendendo técnicas e habilidades narrativas, e descubrindo o teu estilo literario. Todo isto a través de lecturas, xogos e exercicios compartidos con persoas coas túas mesmas inquedanzas.

Periodicidade

Cada venres en horario de tarde.

Duración

1 hora.

Idade

Para a rapazada entre 10 e 14 anos. Para persoas adultas de 16 anos en diante.

Tertulias literarias

Un punto de encontro con autoras e autores que nos falarán do proceso creativo e outros detalles de interese sobre as súas obras máis recentes.

Periodicidade

Trimestral.

Duración

1 hora.

Escola de Artes Plásticas

(Os Tilos)

Escola de Artes Plásticas - Allegro.T

Artes plásticas para a cativada

Unha actividade para fomentar a creatividade e a imaxinación, así como para descubrir a historia da arte a través de xogos e actividades multidisciplinares.

Traballaremos as habilidades manuais, visuais, a coordinación e o equilibrio. Tamén crearemos esculturas, pinturas xigantes, autorretratos con animais, entre outras obras interesantes.

Realizaremos ademais exposicións para nais e pais, entre moitas outras cousas divertidas. Será unha grande aventura!

Periodicidade

Unha sesión semanal.

Duración

1 hora.

Artes plásticas para xente moza

Este curso será unha travesía a través do debuxo, a ilustración e os mundos visuais da xente nova. Aprenderemos a debuxar, a crear un storyboard, a deseñar personaxes e a pintar escenografías.

Descubriremos as bases e fundamentos do debuxo e da cor apoiándonos en debuxantes, ilustradoras/es e outras/os creadoras/es visuais que nos inspiren.

Tamén traballaremos conceptos do mundo do cómic, do manga, dos debuxos animados e das series, ademais de realizar vídeos para TikTok, pequenas animacións e debuxos e pinturas dixitais entre moitas outras actividades.

Periodicidade

Unha sesión semanal.

Duración

1 hora.

Artes plásticas para xente adulta

Este curso será unha viaxe a través do debuxo, da pintura e da historia da arte. Aprenderemos a debuxar dun xeito ameno e progresivo, realizando exercicios e prácticas diversas.

Tamén descubriremos as bases e fundamentos do debuxo e da pintura estudando as obras de arte clásicas, modernas e contemporáneas, e practicaremos distintas técnicas: carbón, acuarela, collage e fotografía, entre outras.

A medida que cada alumno avance, poderá escoller o tema que máis lle interese ir traballando de maneira individual, seguindo o seu propio rumbo.

Periodicidade

Unha sesión semanal.

Duración

1 hora.